martes, 15 de noviembre de 2011

Aborreceu o vento...

Aborreceu o vento de impeler conta o muro
e a néboa venceu ó sol nas súas loitas continuas,
o pasado pouco a pouco aprehendeu no futuro
e os seus audaces sorrisos tornaron en bágoas.

Tratou de salientar o que o olvido riscou,
tentou deter as lembranzas engaioladas no tempo;
pero naquel sepulcro asolagado achou decepción
que se foi disipando entre a turbia masa do vento.

Recordos afogados polas paredes do olvido,
temor a que o tempo suceda na súa contra.
Rostro tinguido de melancolía, corpo ferido...
Sentimentos esbaratados a causa dunha derrota...

Ilusións, paixóns e mágoas enchidas de escuridade,
quebradeiros de cabeza resoltos con máis segredos...
Pálpebras demoídas que se pechan na soidade
levando ó ceo consigo todos aqueles invernos.